Irase o xornal ao carallo?

O peche do xornal Público sobrevoa como un voitre con traxe de inspector de Facenda sobre as cabezas dos seus traballadores, que xa non cobraron a nómina de decembro. Crise estructural do xornalismo, alégase.

O malo son os 160 postos de traballo, 160 familias, porque como lector, se desaparece, tampouco o vou lamentar moito: nunca pasaron da crítica doada ao PP. Algo era, dende logo, e non era tóxico como El País e todas as cabeceiras da dereita, pero a algúns sempre nos deixaba insatisfeitos (sempre pedindo, sempre chorando).

Javier Ortiz morreu. A Reig botárono por perigoso alborotador de conciencias. O primeiro director, Escolar, semella estar ben montado. Quédanos o máis importante, saber onde iría Isaac Rosa.

E todo porque unha vez publicaron unha noticia na que falaban da discriminación que sufría o galego en Galicia.
_

Um comentário:

Óscar disse...

O que ninguén di (nin o propio xornal Público) é que debido ao "concurso de acreedores" os traballadores nin cobran o salario nin poden apuntarse ao paro.
Mexan por eles e teñen que dicir que chove.

Arquivo do blog

Outro

A seguir

ecoestadistica.com
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet